AEDRU.org
¿Quénes somos?
¿Queres agruparte?
Noticias
Notas informativas
Noticias sobre URBANISMO
Foro
Contacto
Enlaces

¿Quenes somos?

Esta agrupación naceu en torno á reinvidicación do cambio de clasificación de seis superficies consideradas polo PXOM como SUNC (Solo urbano non consolidado), pero foise desenrolando en tanto en canto tivemos coñecimento de outros afectados do mundo rural, así como dos solos urbanizables, e tamen afectados pola desproporcionada calificación de espacio libres e equipamentos públicos dispostos no PXOM.

Así foise formando a AGRUPACIÓN ESTRADENSE DE DEFENSA DO RURAL E DO URBANO, AEDRU, como unha simple agrupación de veciños en torno a un problema común, que abarca nestes intres todo o término municipal. Chamámonos de Defensa, pois consideramos que o actual Governo municipal "ataca" os dereitos que os veciños poseen sobre a súas propiedades. Esta mesma web, nace como resposta á necesidade de ter un lugar de consulta tanto da historia dos acontecementos, como de dar achegamento aos interesados tanto do rural como do urbano, das leis particulares que tratan estes asuntos, e servir de canle de comunicación entre todas as persoas que desexen defender os seus intereses no aspecto do urbanismo na Estrada, e para elo colocamos un foro" para que todo aquel que o desexe poida facer consultas, suxerencias, ou ben reunir a todas as persoas que teñan o seu mesmo problema, dado que nos consideramos que a agrupación é a mellor maneira de defenderse, dado que se logra un mellor asesoramento, se rebaixan costos de xestión, e asimesmo se obtén mais forza e presencia.

Asimesmo, esta web, pretende usar INTERNET de xeito democrático, e para elo habilita un foro donde calqueira pode expresarse libremente, pero ninguén terá nas súas máns a posibilidade de coartar a libertade de expresión dos seus partícipes, a non ser que as ofensas a persoas ou institucións sexan o suficientemente graves como para ter que sacálas do foro. Confiamos plenamente na madurez democrática do povo. De todos xeitos aclarar que non existe responsabilidade legal de ningún tipo neste foro, dado que é totalmente libre e ninguén é dono do mesmo. As opinión en él vertidas son imputables a quen as escribe.

BREVE HISTORIA

Os afectados de estas seis superficies e todos os que despois se uniron fixeron alegacións individuáis ademáis dunha conxunta por cada SUNC (2,3,4,5,6 e 9), contando para elo con a casi totalidade dos propietarios, asimesmo levóuse a cabo unha alegación conxunta xeral, en base a ilegalidade de clasificación do solo, así como de outras irregularidades que plantexaba o PXOM, logrando reunir arredor de dita alegación 1700 firmas, ( hai que decir que en tan sólo dous días recollerónse 1000 firmas) a meirande parte do rural. Esta alegación foi entregada no Concello no plazo reglamentario, pero foi unha alegación que se formulóu en moi pouco tempo, e polo tanto non era completa. O equipo de goberno burlóuse desta alegación e fixo como si non existira. Despóis de entregada, solicitóuse unha xuntanza coa comisión de urbanismo.

Esta reunión tivo lugar no Salón de plenos do Concello o día 5 de xuño, e o presidente da comisión e membro do PP, José Manuel Reboredo Baños, solicitóu un informe externo ao Concello, si e que os propietarios tiñan a ben facélo, e estes, ao final da reunión así o acordaron, pois estimaron que dita solicitude por parte do presidente da comisión de urbanismo, daba garantías legáis ao uso de dito informe. Por outra banda tanto o PSOE como o BNG, estiveron dacordo nesta proposta.

Este informe foi contratado polos veciños e son estes mesmos veciños os que deciden que as xestións de cobros, recepción de documentos, envío de comunicados de prensa, etc, sexan levados a cabo por unha xestoría e asimesmo solicitan a elaboración do informe ao Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos-urbanista, licenciado en Dereito e en licenciado en C.Económicas, Juan Rico Lenza, e contratan os servicio do abogado Vitorino Fuente Martínez, para a elaboración do apartado xurídico do mesmo. E neste entorno xurde AEDRU, que en realidade non é mais que unha simple agrupación de veciños en torno a un problema común, a unha xestoría, un técnico e un abogado.

Este informe presentóuse no prazo acordado no Concello. A proposta levaba incluída que si dito informe gozaba de consistencia legal e xurídica, a decisión por parte da comisión era de ir xuntos cos veciños que o presentaron a defender as súas propostas ante a Xunta. A proposta fíxose polo Concello co fin de que unha vez estudiado o infome habería una nova reunión cos afectados ca comisión de urbanismo municipal para saber cal é actitude concreta e explícita sobre todos os aspectos do PXOM que recollía o informe. Pero aquela decisión estivo a punto de ser traicionada, cando o presidente da comisión pretendía ir á Xunta para consultar sobre este asunto, a pesares de ter xa nas súas máns o informe xurídico do Concello, que se inclina claramente a clasificar esas superficies como SUC, Solo urbano consolidado, e outros aspectos do PXOM.

Os veciños, solicitaron unha nova xuntanza ca comisión de urbanismo, dado que ta só o BNG posicionóuse en favor dos veciños despois de ter nas súas mans o informe xurídico do Concello dado que tanto PP como o PSOE non parecen ter criterio propio a este respecto ou non parecen querer telo, polo que AEDRU, non estaría disposta a ir a una reunión a Xunta que solo fose de carácter consultivo.

Pulsar para subir
AEDRU.org