| Notas informativas |
| Hoxe é de 2006 |
Notas informativas
|
2007
|
AEDRU 19 de setembro de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
Sobre as manifestacións do alcalde no Xuizo por presuntos delitos de prevaricación.
AEDRU 6 de setembro de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
Outro golpe ao urbanismo da Estrada.
AEDRU 9 de xuño de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
Que non paguen xustos por pecadores.
AEDRU 1 de xuño de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
AEDRU 6 de maio de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
O programa político do PP sona a flauta máxica.
AEDRU 1 de maio de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
La intolerable INDECENCIA política de los dirigentes del PP de A Estrada.
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 19 de setembro de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). Sobre as manifestacións do alcalde no Xuizo por presuntos delitos de prevaricación. Ante as declaracions do ex-alcalde da Estrada Señor Campos, no xuizo celebrado en Pontevedra neste días 18 e 19 de setembro, por presuntos delitos de prevaricación urbanística a Agrupación para a Defensa para o Rural e Urbano - AEDRU, quere manifestar o seu desacordo coas declaracións que fixo no Tibrunal, respecto a que a prologancion da Rúa Xusto Martinez, foi aberta co beneplácito dos veciños, tal como recolle a prensa, xa que o alcalde fala de "cesións" cando en realidade non e certo, pois ceder e gratuito polo tanto o alcalde ou non sabe o que di ou minte, pois esos terreos non foron cedidos, senon que foron expropiados.A proba é que a un membro de AEDRU a quén lle foi expropiada a súa casa e mais a súa finca nesa zona levou o caso aos tribunáis resultando a sentencia en contra do concello, polo que queda demostrado que as actuacións municipáis non eran as correctas nin por conseguinte non existíu tal beneplácito.
Sendo nulo
o coste da publicación destas informacións na web, solo
queda a vontade de facélo, que ao parecer vai para largo. |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 6 de setembro de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). Outro golpe ao urbanismo da Estrada.
AEDRU, quere manifestar que o desenrolo da Estrada non pode estar sometido aos vaivenes dos sentimentos das autoridades políticas según conveña en cada momento como se manifesta ao ver que pretenden facer legal o que fai uns meses era ilegal. Levamos 5 anos de falta de desenrolo, motivado por una nefasta e caprichosa xestión política que parece agora ter continuidade, pois a Estrada segue paralizada sin saída posible, por culpa da Xunta e dos gobernos municipáis. AEDRU, quere denunciar o daño que se lle fai aos vecinos que cumpliron coa legalidade e non puideron edificar, pois agora vanse ver perxudicados xa que os moitos deles son propietarios de terreos en núcleos que van ser considerados como regresivos, e que por non haber tido desenrolo nos últimos anos, non van ser merecedores de contar con áreas de expansión, namentras que outros que si se desenrolaron ilegalmente si que van poder contar con mais superficie a edificar. Ademáis queremos deixar constancia de que a Delimitación dos Núcleos que se pretende aprobar incumple a Normativa Europea de Medio Ambiente de obligado cumprimento, pois esta esixe que todos os núcleos deben ter un proxecto económico que demostre a viabilidade de financiación do saneamento de cada núcleo, e este estudio económico non consta no Proxecto que se vai a aprobar. Por outra banda, a Consellería do ramo non pode aprobar agora una delimitación que fai uns meses rechazóu por ilegal, pois eso e incoherente cas súas actuacións e o goberno municipal anterior xa ten nos xuzgados bastantes xuizos pendentes por "presuntos delitos de prevaricación" como para que agora volva a repetirse a mesma situación, que o único que fai e perpetuar a parálisis que está caracterizando estos anos a actividade económica, e que sufren todos os vecinos da Estrada. AEDRU, loitóu sempre porque exista un PXOM ben feito e aplaudido socialmente por todo o pobo, pero non pode tolerar que se pretendan facer chapuzas ilegáis e inxustas para cubrir o expediente. Queremos un urbanismo válido xa. |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 9 de xuño de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). Que non paguen xustos por pecadores.
Consideramos pois, que son eles mesmos os que deben sufragar os gastos xudiciáis, e non cos cartos dos cidadáns, xa que en caso de demostrarse a existencia de delitos, os cidadáns, serían doblemente perxudicados. Tamén é evidente a súa falta de ética ao pasar unha factura de 5.700 euros correspondente ao Xantar oficial para 95 comensáis celebrado con motivo da Festa do Salmón, a pesares do informe desfavorable de Intervención, donde se sinala que: "Se incumplen os criterios establecidos polo Tribunal de Contas en relación a este tipo de gastos. Recomendalle o Interventor unha limitación cuantitativa a este tipo de gastos o cal non foi obxecto de previa autorización, de acordo co establecido nas Bases de Execución Orzamentaria. A factura carece de detalle esixido na normativa fiscal, debendo comprender o detalle de cada unidade facturada."
Deliberado
sobre o particular, a Xunta de Goberno Local, a pesares dos informes
de Intervención, acordan por unanimidade, continuar cos procedementos
respectivos e proceder ao pagamento das facturas indicadas, algo moi habitual
nas Xuntas do Goberno Local , composto na súa totalidade por membros
do Partido Popular da
Estrada. |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 1 de xuño de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). Polo cambio
AEDRU quere felicitar ao pobo da Estrada por ter decidido nestas últimas elecccións quén NON DEBE gobernarnos durante estos 4 anos. Esperemos que alcancen un acordo PSOE e BNG para poder gobernar, xa que é necesario desterrar as malas maneiras que hasta agora eran a tónica habitual neste Concello. Así pois felicidades a todos polo cambio. A asociación AEDRU sorprendese que agora diga o Sr. Palmou que entraron nestas eleccions nas peores circunstancias posibles. Analizando as causas que din, pensamos que están equivocados. O desgaste de moitos anos de goberno non o sufriron vostedes, sí en cambio o pobo da Estrada, que os tivemos, con sufrimento, como gobernantes municipais. Ahí están os cidadáns a quenes tanto no rural como no urbano lles paralizaron as súas propiedades; a precaria economía de moitos comerciantes pola paralización da construcción; a marcha da xuventude estradense fora do municipio en busca de opcións de traballo que vostedes lles negaron aquí; etc., etc. Pero as malas cabezas que lles aconsellaron a seguir sendo prepotentes, negando a participación cidadán, dilatando a entrega de documentación pública, facendo promesas que logo non cumplían, descalificando e actuando contra membros de AEDRU, como foran as órdenes de limpieza de fincas, de accións de orden público por suposta interrupción do tráfico en Benito Vigo, etc., etc., non deben de extrañarse do castigo infrinxido polos resultados nestas ultimas eleccións. Ao final, o tempo pon a cadaquen no seu sitio. Con respecto ao PXOM, houbo un periodo de alegacións dous escritos firmados por 2.700 e 3.200 personas, exixindo que fose corrixido, adecuado a realidade e economicamente viable, donde se lles avisaba do erro de facelo para 150.000 persoas, cando somos 22.500. Todos os feios viñéronos a dar a razón porque intentaban ocultar a realidade sobre UN PXOM cheo de irregularidades, arbitrariedades e ilegalidades.Houbo unha total dictadura de comportamento donde el ordenou e mandou era a forma de imposición política. En moitos casos, e na ignorancia dos temas, a demagoxia predominóu sobre a verdade, e o presunto favoritismo político unha constante en todo este tempo. Poucas veces a actuación dun goberno municipal foi tan contraria ao ben social e negativa para o desenrolo local e os intereses dos seus veciños como esta, a pesares do continuado esforzo con que alguns estamos denunciando unha e outra vez a infinidade de situacions nas cales as actuacions son arbitrarias, contrarias á Lei ou inxustas. Nombra vostede o IBI como outro dos problemas que non axudaron a alcanzar a victoria ao su partido. Home, nos tememos, polo que se observa a simple vista, que nese terreo poucos votos pode o seu partido gañar. Pero bueno, cada cal é libre de votar e tamén de opinar. No referente a que o goberno central e da Xunta sexa do PSOE e eso lle perxudicara, pois mire usted Sr. Palmou, antes foi do su partido e si na Estrada algo trabalaran inda nela seguirían. Pero cando os caimans en Dios creen reencarnarse, o peor que lles pode suceder é que os dentes lles caigan antes que o bocado lles chegue. Desexamos
que estas artimañas que foron práctica habitual na nosa
vida política desaparezcan dunha vez por todas, sexa o partido
que sexa. A vostedes será o seu propio partido quén lles
pida responsabilidades por este fracaso, pero si na executiva local da
Estrada deciden facerse todos "cartujos" coa conseguinte regla
de silencio perpetuo, nos, lle ofrecemos a nosa página Web para
que sexa leída polo Sr. Rajoy. Por favor, non nos teña por tan tontos, que inda que por diante non lle digan o que pensan, cegos non están, e aos resultados de las furnas nos remitimos. Este poblo tan maravilloso non merecía o que tivo estos 16 anos. Fai anos que A Estrada quería crecer e o facía, hasta que chegaron vostedes e a ataron ben atada. A paralizaron. Pero agora os estradenses lles dixeron: ¡Basta xa de entorpecer o desenrolo!. O luns, toda a executiva do PP , se reunirá, e que a MEA CULPA a carguen xa, e si hai alguen responsable, ao culpable boten xa. |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 29 de maio de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). CAMPAÑA INFORMATIVA AEDRU empeza cunha páxina informativa na que se vai a poñer o mais relevante que ocurre nas Comisions das Xuntas Locaís para a efectiva participación dos veciños nos asuntos da vida pública local. ¿CANTAS VECES PAGA O POBO DE A ESTRADA A DELIMITACION DOS NÚCLEOS RURAIS? No mes de novembro de 2002 decidese ralentiza-lo proceso de redacción do PXOM para que ADIU S.L. o adptase á Lei 9/2002 que se iba a aprobar. Na comisión de urbanismo do 20 de novembro de 2003 o Sr. Rosón Gasalla redactor do PXOM do Concello da Estrada sinala que tén a intención de completa-lo documento do PXOM da forma que esixe á Dirección Xeral de Urbanismo SEN PEDIR MAIS CARTOS. Na Comisión de Urbanismo nº 22 do 14 de decembro de 2004 o Concelleiro delegado de Urbanismo, Sr.Reboredo propón contratar con ADIU S.L. a adaptación do PXOM á Lei 9/2002 por importe de 94.085,06 euros. Na Xunta do Goberno Local do 16 de abril de 2007 do Concello de A Estrada constan 3 facturas emitidas por ADIU S.L. con unha cuantía total por importe de 21.576 euros, correspondentes a traballos realizados de delimitación dos núcleos rurais tradicionais. A pesares de que o informe da arquitecta municipal dí que a documentación mínima que debe obrar nos expedientes de delimitación do núcleo rural, debería estar contida no PXOM. A pesares de que non lle consta a Intervención encargo dos expedientes a ADIU S. L. e ademáis pola súa cuantía total (21.576 euros) sería precisa a tramitación dun expediente de contratación. A pesares de que na Conclusión: 1ª.- Formúlase
reparo por inadecuación do procedemento (artigo 216.2.c do
RDL 2/2004). Deliberado sobre o particular, a Xunta do Goberno Local, por unanimidade, non obstante o informado aprobou as facturas anteriormente indicadas polos importes así mesmo sinalados, declarándoas de aboamento e ordenando o seu pagamento.
Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local. Artículo
69. Artículo
70. Artículo 78. 2. Son responsables de los acuerdos de las Corporaciones locales los miembros de las mismas que los hubiesen votado favorablemente.Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de ordenación urbanística y protección del medio rural de Galicia. Articulo 4º.- |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 6 de maio de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). O programa político do PP sona a flauta máxica. AEDRU logo de ver que "as innovadoras" propostas no programa
do PP non son válidas xa que son as mesmas que fai anos propuxeron
e o resultado a vista está, e por elo queremos manisfetar publicamenete
que non nos parece serio que diga que vai a aprobar este PXOM polo que
ten de imposible, sendo este un Plan dirixido por uns señores imputados
por presuntos delitos de prevaricación con unha clara e manifesta
ambición. Temos o exemplo no " Non se decatan de que o urbanismo é unha funcion pública, e polo tanto, o solo que xestionan os politicos, non e propiedade deles e teñen a obriga de facelo ben, cousa que o goberno municipal do PP olvidóuse e pensou que A Estrada era toda súa Por eso AEDRU, denuncióu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as normas transitorias que actualmente rixen a construcción, aprobadas en solitario nun pleno a escondidas dos cidadáns, cos votos a favor unicamente do Partido Popular. O mais grave e que intentaron descalificar aos propios ciudadáns do pobo para lograr facer os seus amaños, pero o tempo coloca a cadaquen no seu sitio e agora estase a ver que non eran os catro ricos os que sólo estaban afectados, ¿Que desenrolo houbo no rural si dende xaneiro de 2003 paralizaron a construcción? Recordemos a farsa do Presidente da Diputación cando manifestaba que desenrolaría o polígono de Toedo cando estivese aprobado PXOM, cando en realidade non fai falta esperar cando cas normas subsidiarias podese desenrolar xa. Parece que están intentando enganar á xente decindo que sin PXOM A Estrada non levantaría cabeza., cando podian habélo feito xa cas normas e non o fixeron, cando se firmaban protocolos que logo non valían de nada. etc, etc. Cando falan do sólo industrial, non din que dende fai 28 anos sólo se desenrolou o cerca pouco mais do 30 % do que estaba previsto nas Normas, así que tiveron tempo dabondo para facer un desenrolo industrial coma era o lóxico, Mirémonos no espello do pobo de Lalín que antes era menos ca Estrada. Paralízáronse as licenzas en todo o Concello para deixar sólo edificar onde o PP quiso. ¿non houbo unha movida especulativa nesto? E agora nos veñen co abaratamento da vivenda cando foron os do seu grupo os causantes do aumento do precio ao non haber oferta no mercado., poisa o suspender as licenzas, paralizóuse a construcción, e reduciúse moitisimo a oferta, o que provoca a elevación de precios. En este sentido a política municipal, foi totalmente antisocial e contraria á propaganda que nos venden. No PXOM non tiñan previsto vivendas sociais ( esto foi denunciado pola Xunta cando non aprobóu o PXOM, exixindo a súa correción) e agora veñen decindo que van a defender la" promoción y la construcción de viviendas sociales", tal como din, "para los sectores de renta más baja y a velar para que non se produzca un aumento desproporcionado no prezo da vivenda, ", cando son eles os causantes ao ter paralizada a construcción. Desta sorte chegamos ao punto das zonas verdes, prometidas polo seu partido, pero ben, alomenos xa recoñocen que baixo certa zona vai a ir un próspero negocio dun aparcamento, que alguien "sin ser propietario dun solo metro desa zona explotará para seu propio beneficio. ¿esto é a sua proposta ao desenrolo do pobo o sigue sendo o desenrolo para uns poucos?. A súa "especial sensibilidade" cos sectores agrícola , gandeiro, e forestal vai a facelo sufrir moito, xa que nestes intres está o rural en situación alarmante pola forma que o goberno do PP local non o incentivou nunca, e non hai mais verdade que a realidade. A xente do rural está hasta as narices polo que lle está pasando.Deste xeito que digan que o seu programa e moi atractivo e con moitas innovacións, nos sona a flauta máxica, a de Hamelín, e podrían aproveitar para incluír no programa de desratización ao flautista principal para que lle seguiran todas as ratas da Estrada. Logo de ver estas "liñas maestras" do programa do PP,
non entendemos si a base do "diálogo fluido" refirese
á cantidade de tropelías que fixeron os dirixentes do PP
na Estrada, o si ben despois de un bo xantar o diálogo sempre e
"fluido". |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 1 de maio de 2007.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). La intolerable INDECENCIA política de los dirigentes del PP de A Estrada.
AEDRU como asociación que es y que se formó a raíz del proyectado PXOM para La Estrada, quiere aclarar las manifestaciones hechas por el candidato a la alcaldía del PP Miguel de la Calle al afirmar que el PXOM fue a Santiago condenado por el voto en contra del PSOE. Sentimos tener que decirle que esta declaración es una falsedad dado que ya anteriormente AEDRU presentó en el Ayuntamiento un informe firmado por 3.200 personas en que quedaba claro que este Plan era irreal, ya que la base de cálculo era para una población de 150.000 personas cuando somos en la actualidad 22.000, afirmando este dato luego la Xunta en el decreto. Por lo que se deduce que el condenado se había puesto la soga él mismo y no se la puso nadie más que la realidad, a pesar de los avisos que esta asociación le hizo al partido mayoritario del PP y en concreto al Sr. Reboredo, hoy candidato a Cidadans, siempre espaldas a ellos, a los ciudadanos. La otra declaración que hace con respecto a la Residencia de mayores y que en el momento en que dice usted se firmó el protocolo tenemos que remitirle a las Normas Subsidiarias de planeamiento que en ese momento regían en La Estrada para informarle que el suelo que el Ayuntamiento ofrecía para la residencia, estaba y está catalogado como zona verde. Contestando al Sr. Palmou por la frase de que estos engaños si son una "indecencia política intolerable desde el punto de vista democrático" recordarle que él estuvo como conselleiro del PP hace unos años inaugurando las calles 20 y Antón Losada ahora no reconocidas como tales y esto debe tomarlo como espejo de su propias actos. Así pues, cualquier declaración pública con respeto al PXOM y que no se ajuste a la verdad por cualquiera de los candidatos será contestada por AEDRU para acabar de una vez con todo este engaño a los vecinos prometiendo falsas expectativas que no se ajustan a la realidad. Es respuesta a las declaraciones realizadas por el PP . |
|
Pulsar
para subir
|
|
2006
|
Nota Informativa de AEDRU(Agrupación Estradense para a Defensa do Rural e do Urbano) 12 de novembro de 2006.
AEDRU 31 de maio de 2006.-
Os veciños estamos fartos de tantos contos
AEDRU 10 de maio de 2006
As correccións do PXOM xa debían estar feitas.
AEDRU 6 de maio de 2006
AEDRU 3 de maio de 2006
|
Pulsar
para subir
|
AEDRU 25 decembro-2006.-
AEDRU se prantexa unha candidatura de cara as próximas eleccións municipáis
A Estrada, 4 de abril de 2006-Carta de AEDRU dirixida ao Director Xeral de Urbanismo e entregada na Xunta o día 4 de abril de 2006.
A Estrada, 3 de abril de 2006- Dirigido al Presidente y vocales de la Xunta de Goberno da Asociación de empresarios de A Estrada.
25 de marzo de 2006- Contestación ás afirmacións do Alcalde de A Estrada, publicadas o día 25 de marzo de 2006.
10 de marzo de 2006 , OS PRESUPOSTOS DE ENTROIDO
17 de febreiro de 2005.-Aedru entrega un escrito na Xunta de Galicia contra o PXOM de A Estrada asinado por mais de 3000 persoas.
|
Pulsar
para subir
|
2 de febreiro de 2005.- Aedru exixe disculpas públicas, ante a repetida campaña de coaccións e amenazas.
30 de Xaneiro de 2006.-POLO INTERÉS XERAL
28 xaneiro-2005.-Plan de Coaccións.
25 xaneiro-2006.-Polo interés do grupo de goberno, e non polo interés xeral.
21 de xaneiro de 2006..- Á atención dos tres grupos políticos PP, PSOE e BNG, que integran a Comisión de Urbanismo do Concello de A Estrada.
xaneiro de 2006..-O PXOM é un farol dun equipo de goberno irresponsable, pois os informes parecen favorables, cando en realidade son o contrario.
16 de xaneiro de 2006..-“A XUNTA REXEITARÁ O PXOM DE A ESTRADA”
|
Pulsar
para subir
|
------------------------------------
|
Pulsar
para subir
|
| Nota
Informativa de AEDRU(Agrupación Estradense para a Defensa do Rural
e do Urbano) 12 de novembro de 2006.
POLO INTERÉS XERAL: ¡Por unhas normas que dinamicen a construcción!!, ¡por unhas normas para todos!, para o rural e para o urbano. Non ao encarecimento da vivenda AEDRU quere manifestar que a construcción está paralizada dende fai anos pola irresponsabilidade e incompetencia do grupo de goberno municipal o cal durante 16 anos non foi quen de aprobar un PXOM e levóunos agora a que o Concello perdera as competencias sobre urbanismo e nestes momentos as tivese a Xunta de Galicia. E por elo O Concello solicitóu que a Xunta regulase o urbanismo estradense ao través dunhas NORMAS TRANSITORIAS, que en este caso foron elaboradas polo Partido Popular sin participación e a espalda dos grupos da oposición PSOE E BNG, (que se abstiveron de aprobálas), nin dos veciños. Queremos manifestar que estas NORMAS TRANSITORIAS, van a paralizar a construcción tanto NO RURAL coma NO URBANO. No caso do rural prácticamente vai seguir sendo inviable a edificación, ¡que non enganen mais á xente!. Tal como dí o decreto:"Para edificar nestes núcleos será necesaria a previa aprobación do expediente de delimitación do solo de núcleo rural, de conformidade co procedemento establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002. Os expedientes que se tramiten non poderán prever áreas de expansión dos núcleos que se delimiten", tal como reza o decreto aprobado no Concello e que está en trámites para ser aprobado polo Consello da Xunta. Consideramos que as áreas de expansión deben tamén ter a posibilidade de ser edificadas, sobre todo porque estas normas transitorias van a durar ANOS, e non meses como nos pretende facer ver o Concelleiro de Urbanismo Señor Reboredo, e ademáis o tempo para solicitar unha licencia vai ser superior aos 6 meses tal como se manifestaba estos días nos medios de comunicación. NO URBANO non se parte da realidade fáctica, pois tal como reza o decreto que pretenden aprobar: """Para estes efectos, entendese que son soares edificables as parcelas que, no momento da entrada en vigor desta ordenación provisional, cumpren os requisitos establecidos no artigo 16.1 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no artigo 19 das vixentes Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais, aprobadas definitivamente por Orde de 3 de abril de 1991, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.""" Pero arbitrariamente, "non" aplican este apartado as novas rúas e as zonas de edificación aberta, reducindo á súa vez o fondo dos soares . con grave dano, absurdamente e sin explicación convincente. Nesta situación están a Rúa 20, que nace na Praza da Farola,a Rúa Antón Losada, ca que se cruza, así como a Rúa 25 de Xullo, e a Rúa Gradín e a Rúa San Antón e a zona dos xardíns, arterias que ademáis de cumplir ca normativa do decreto, están no centro do casco urbano. O cal demostra a arbitrariedade e o interés por paralizar a construcción inda que se esté a decir todo o contrario. Si o que pretenden é paralizar a construcción con contenciosos, estos xa están sobre a mesa, pois xa hai tres presentados, haberá mais e os van a pagar todos os veciños. Por outra banda, non ten sentido calificar solo urbano coa Ordenanza de edificación aberta, si seguidamente se di, no decreto: "Neste ámbito non se permiten novas edificacións e só poderán executarse as obras de construcción amparadas en licencia urbanística outorgada con anterioridade ao inicio do expediente de suspensión do planeamento, sempre que sexan conformes co ordenamento xurídico vixente no momento da concesión e non teñan transcorrido os prazos de caducidade da licencia." ¿Para que colocan entón unha Ordenanza que prohíbe a edificación?, ¿E posible que esto sexa un arbitrariedade presuntamente delictiva pues esta prohibición é sacada deo bolsillo polo PP nol acordo municipal remitido para que aprobe o Consello da Xunta e non sacado da Lei, posto que a Lei non prohibe edificar en casco urbano, Esto é moi grave; e xa está ben das barbaridades que se están cometendo na Estrada cercenando toda posibilidade de edificar, e tendo como consecuencia o encarecimento da vivenda. Asimesmo, queremos facer notar que o núcleo urbano de A Estrada non é o mesmo que o núcleo urbano do ano 1978,e esto non se ten en conta, polo que consideramos estas normas arbitrarias, ilegáis e que paralizan a construcción no Concello de A Estrada, tanto no rural como no urbano. Por outra parte o dano que se lle fai á poboación estradense cando se inventa unha normativa para que as edificacións anteriores a 1940 non poidan ser edificadas quedando así moi pouco solo urbano edificable, é moi grande, pois a posibilidade de edificación redúcese enormemente. Ademáis, o PLANO que entregaron á Comisión de Urbanismo, non coincide co que se dí no texto, pois foi ARBITRARIAMENTE ampliado ou encollido (en relación co plano urbano de 1978) a capricho do PP, que foi o que o fixo, as agachadas e sin consentimento de participación de ningún tipo, nunca clara actitude antidemocrática para atender única e exclusivamente aos seus intereses, e non ao INTERÉS XERAL. E por elo, queremos deixar claro aos veciños de A Estrada, que en vez de pretender salvar o dinamismo do pobo, estamos a ver que ese non é o interés destas normas que máis parecen políticas e que non defenden o interés de tódolos estradenses, pois ao reducir a oferta de solo edificable, o único que están e favorecendo o ENCARECIMENTO DA VIVENDA, que parece ser que é o que pretende a XUNTA de GALICIA, si é que aproba estas normas. ¡Menuda política social se está a levar aquí! Mais
de 3000 persoas presentaron un documento
na Xunta de Galicia exixindo modificacións do PXOM. Somos mais
de 3000 veciños. |
|
Pulsar
para subir
|
|
AEDRU 1 de xuño de 2006.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). Os veciños estamos fartos de tantos contos. Desde AEDRU, creemos que estamos na obriga de ofrecer os inestimables servicios dos nosos asesores urbanísticos, e o Concello ten a obriga de aceptálo, dado que a situación actual deriva de non haber feito caso das súas observacións no informe xeral presentado e solicitado polo propio concello. Aedru quere informar aos veciños do pobo de A Estrada a súa posición con respecto á dificil situación na que o goberno local deixa ao concello, derivada da redacción do pretendido PXOM que xa está a durar 16 anos e con resultados nefastos. En opinión da patronal, "a economía do concello non pode aguantar máis esta paralización das licencias" que hasta o momento "causóu uns graves danos", dos que espera que "non sexan irreparables", e as mais de 3000 persoas que pediron a correcións do PXOM, están totalmente dacordo con estas afirmacións. Dado que o goberno municipal recoñeceu que non van a dar feito as correcións antes do dia 16 de agosto, fecha límite para o levantamento de suspensión de licencias, a Agrupacion AEDRU, cree que non se pode ter paralizado ao pobo da Estrada por mais tempo, e menos por motivos políticos, polo que exiximos de inmediato SE LEVANTEN AS LICENCIAS DE OBRAS XA, tal como fixemos ao día seguinte de recibir o informe da Xunta. Os veciños estamos fartos de tantos contos, e a xente do rural síntese moi enganada pois lle prometeron moitas cousas que non van a poder cumplir. Desde este colectivo avalado por mais de 3000 firmas exiximos que se de solución aos problemas por parte dos políticos locais, e si non son capaces de solucionar esto, o normal, é que dimitan e se deixen de tomar o pelo á xente. As correccións do PPXOM xa debían estar feitas fai moito tempo, sobre todo cando o pedian mais de 3000 persoas, pois o grupo de goberno municipal xa sabía que a Xunta non iba a aprobarlle o PXOM sin corríxilo. Neste caso estáse a demostrar que o pobo foi mais intelixente que o equipo de goberno municipal. O Pxom está cheo de erros, irregularidades e arbitrariedades que é necesario corrixir xa, e non creemos que agora unha persona descoñecedora da realidade da Estrada poida facer nunhas semanas o que non fixo a comisión de urbanismo en catro anos. Creeemos que o que está a acontecer, é un gran representación teatral política para lavar a cara co gallo das próximas eleccions municipais, que para algúns creemos van a ser as derradeiras. Eso de que as normas subsidiarias non son aplicables, según dín os técnicos municipais, é un autentico despropósito xurídico, pois ninguén pode sacarse normas do bolsillo que non estén na Lei e a Lei manifesta claramente que o planeamento municipal ten vixencia indefinida mentras non entre en vigor un novo planeamento; polo tanto ao non ter sido aprobado o Plan presentado, éste, non entróu en vigor, o que ven a indicarnos que as normas subsidiarias siguen vixentes, como dice el artículo 92 da Lei do Solo de Galicia. Xa quedóu demostrado de como o urbanismo en mans do PP, foi utilizado antes das anteriores elecccións, con fins claramente políticos e partidistas, involucrando e enganando a moita xente tan sólo co ánimo utilizar a súas propiedades cara aos seus fins políticos, non dudando en facer ilegalidades, abrindo rúas, inauguradas polo Conselleiro de Política Territorial Señor Cuiña, e polo Conselleiro de Xustiza Señor Palmóu, con falsas promesas de clasificación dos solos para facer creer que estaban a desenrolar A Estrada, cas consecuencias que de todo esto se deriva. A obsesión municipal de intentar seguir coa paralización de licencias solo ten dúas lecturas: 1º- Ou que pretenden favorecer a algús promotores que están constuyendo agora e que poden vender con moita facilidade ao non ter competencia, ou, 2º- Que non son conscentes do dano que están causando á dinámica económica de A Estrada, o que supón unha ignorancia supina pola incapacidad de xestion sobre os intereses xeráis do pobo. Caqueira dos dous supostos, é deplorable, e si malo resulta ser o primeiro por corrupto, malo tamén resulta ser o segundo por ignorancia. O que non entendemos son os motivos politicos polos cales puxeron na mente das xentes a idea de que sin Plan Xeral é a morte de A Estrada e con Plan é a vida, porque como xa dixemos, sin Plan Xeral, rixen as normas subsidiarias e poden darse licencias tanto no rural como no urbano consolidado sin necesidade doutras historias, así como para desenrolar o solo apto para urbanizar ou o industrial, pode facerse mediante planes parciáis, cousa que tiñan que haber feito fai moitos anos e logo modificar puntualmente situacións. E esto solo indica que é a propia incapacidade
do concello, para ir diante das necesidades, porque non é que vaian
detrás delas, senon que nunca as viron, por eso non van detrás
de nada, como por exemplo nas necesidades de viviendas de protección
oficial, as cales non tiñan en absoluto en conta, cando planificaron
este PXOM. |
| Pulsar
para subir |
|
AEDRU 10 de maio de 2006.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). As correccións do PXOM xa debían estar feitas. Si houbesen feito caso a agrupación AEDRU, que estaba avalada por mais de 3000 persoas para que fixeran correccións, este PXOM, hoxe, estaría aprobado. Durante todos estos anos, ¿quén paralizóu a actividade económica de A Estrada?. AEDRU va a pedir oficialmente que levanten as licencias xa, en todo o ámbito municipal, para non facer mais dano aos estradenses, como fixeron hasta o de agora, provocando unha crisis económica a nivel local que fixo que moita xente e empresas tivesen que saír a traballar fora do Concello. Si son responsables, actúen en consecuencia, pois si ao longo de todo este proceso non quixeron facer as correccións debidas, e tiveron tempo, o que non poden facer agora e paralizar ao pobo de A Estrada e seguir causando dano ao estradenses continuadamente. Non veñan agora a votarlle as culpas ao partido político do goberno autonómico, porque AEDRU, ven criticando o PLAN desde o seu comenzo, e non o fixo baixo símbolo ou bandeira de ningún partido político. AEDRU xa mostróu a oposición a ESTE PXOM de maneira reiterada, basándónos no informe técnico-xurídico que o Concello nos solicitóu. Pero non o tiveron en conta e estas son as consecuencias. O levantamento de licencias dinamiza a vida do pobo. Deixense de inventar falsas realidades e confundir aos estradenses. ¿Porqué non fixeron as correcións cando as exixíamos?. ¿Porqué non tiveron en conta aos veciños, si foron votados polos estradenses? Esto demostra que gobernaron de espaldas ao pobo e foi o peor que pudo pasar ao pobo de A Estrada. Nós xa sabíamos que este PXOM naceu morto, como xa indicamos no momento da aprobación provisional. Todos os feitos viñeron a dar a razón a AEDRU que sufríu constantes coaccións, amenazas e acosos para intentar ocultar a realidade sobre ESTE PXOM cheo de irregularidades, arbitrariedades e ilegalidades. A súa vez, desde AEDRU, queremos sumarnos á exixencia democrática de que se tomen responsabilidades políticas polo fracaso do PXOM. E por elo que exiximos a dimisión do Alcalde Ramón Campos Durán e do concelleiro de urbanismo José Manuel Reboredo Baños. Poucas veces a actuación dun goberno municipal foi tan contraria o ben social e negativa para o desenrolo local e os intereses colectivos dos seus veciños como esta, a pesares do continuado esforzo con que xa moitos estivemos denunciando unha e outra vez a infinidade de situacións en que estas actuacións son arbitrarias, contrarias a Lei ou inxustas. Non se pode enganar a poboación
por mais tempo. |
| Pulsar
para subir |
AEDRU6 de maio de 2006.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). A Xunta da á razón a AEDRU A Xunta da á razón a AEDRU, pois “parece” falar de correcions, inda que non sabemos a escala nin a certeza das mesmas, pois de ser importantes obligarían a reformar todo o Plan e a unha nova exposición pública. Habrá que esperar a ter nas nosas mans o informe da Xunta, para poder opinar en profundidad sobre a decisión da mesma. De todos modos Aedru non entende como en Ponte Caldelas, a Xunta tumba o Plan, e no seu informe afirma que “ no hay una proyección de incremento demográfico ni otra justificación de una necesidad de viviendas que exceda de la capacidad residencial posible en suelo urbano y de núcleo rural”, xa que Ponte Caldelas cuenta con 6.393 habitantes e para Urbanismo, a capacidade edificatoria residencial en solo urbano e de núcleo rural significaría 11.514 vivendas. E en A Estrada, somos cerca de 23.000 habitantes, pero o PXOM foi concebido para 150.000 en 8 anos. Boten vostedes mesmos contas. Asimesmo comunicamos que o venres pasado membros de AEDRU, entregaron diversos documentos na Xunta despois de entrevistarse co Subdirector Xeral de Urbanismo, José Luis Álvarez Vicente. por considerálos de capital importancia cando se teña que valorar o PXOM, e en concreto o Estudio Económico Financieiro, para o cal aportóuse a documentación que confirma a valoración que fai Facenda sobre solares do centro de A Estrada e que creemos debe ser tida en conta cando se fan valoracións por parte do equipo redactor e da mesma Xunta, pois de non télos en conta estaríase actuando de maneira improcedente, irresponsable e fora da realidade, levando ao Concello e polo tanto a todos os estradenses a sufragar contenciosos, que de ser tido en conta este dato , nunca serían propiciados. Así como sexan os cambios no Plan Xeral, así será a composición da corporación municipal vindeira, porque Aedru mantén a súa posición firme de presentarse ás próximas eleccions en caso de resultar un Plan Xeral inaceptable socialmente. |
| Pulsar
para subir |
Solicitude ao Valedor do Pobo: Considerando que o PXOM de A Estrada foi aprobado no pleno do día 30 de Xaneiro de 2006 cos votos en solitario do grupo Popular, e cos votos en contra do PsdeG-PSOE e máis do BNG, e xa estando en poder da Xunta de Galicia, o citado documento,
Que recurrimos a vostede, dado que nin o Concello nin a Xunta de Galicia tiveron en conta hasta o de agora as nosas peticións, avaladas por mais de 3000 persoas, (salvo puntualmente unha curta reunión mantida coa Delegada da Consellería de Política Terrritorial, de Pontevedra, en stembro de 2005).
Na solicitude entregada na Xunta de Galicia o 15 de febreiro de 2006 lle comunicábamos que entregaríamos o día de dita reunión un anexo con diversas irregularidades (convenios, licencias, agravios comparativos, etc), detectadas posteriormente e que nalgúns casos non se fixeron públicas para que constasen no expediente do PXOM de A Estrada e fosen tidos en conta pola consellería que tramitará este asunto, e vendo ademáis como concellos limítrofes califican por exemplo, o solo consolidado dunha forma totalmente discreccional, sin ter en conta os servizos que a Lei marca para para este tipo de solo, sendo esto un agravio comparativo ca clasificación que estamos a sufrir no noso pobo, entre moitas outras cousas. Non fomos atendidos para poder facer entrega nin poder comunicar en detalle estos asuntos que deberían ser tidos en conta no actual Plan Xeral de Ordenación Urbana que a Xunta está a tramitar. En definitiva, queremos que sepa que o PXOM de A Estrada está moi rexeitado por todo o ámbito social do municipio, e que xa no seu momento levou ao grupo do PsdeG-PSOE a saírse da comisión de urbanismo. E polo tanto, creemos que sería moi convinte e solicitábamos que a Conselleira de Política Territorial recibise con carácter de urxencia a unha representación de AEDRU (Agrupación Estradense para a Defensa do Rural e do Urbano), previamente a que PXOM fose informado por esa consellería dada a desconfianza que existe respecto ao equipo de goberno e a importancia do ambiente social negativo co PXOM creóu non solo no rural senón tamén no ámbito urbano de A Estrada
|
| Pulsar
para subir |
| AEDRU 25 abril -2006.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano). AEDRU se prantexa unha candidatura de cara as próximas eleccións municipáis. Consideramos que a situación urbanística do concello, foi responsabilidade dos grupos políticos que o gobernan, (evidentemente, uns máis que outros), e o futuro próximo está cheo de incertidumes. O Plan de Ordenación Urbana, presenta un sinfín de problemas debido entre outras cousas á súa inviabilidade económica, a arbitrariedade e irregular planificación do rural, o seu sobredimensionamento, a irregular clasificación dos solos e catalogación dos edificios de Patrimonio, así como o arbitrario trazado da circunvalación sur, a irregular dotación de alturas que non se corresponden cos anchos das rúas, e moitas outras cuestións das cales xa dimos bastante conta en moitas das notas que enviamos aos medios de comunicación e que poden ser consultadas na nosa páxina web: www.aedru.org. Tendo en conta o amplio respaldo social e a repercusión que nosa agrupación está tendo na vila de A Estrada, e facendo oídos á recomendación de moitas persoas que nos avalan, se decidíu na última reunión celebrada ratificar a decisión de presentar unha candidatura ás próximas elecccións municipáis, para defender os intereses do pobo de A Estrada. O PXOM ten que ser de interés para todos os cidadáns e non para os intereses duns poucos como está a ser éste, que perxudicará o desenrolo da propia Estrada e que ademáis estivo a ser decidido por claros intereses políticos sin responder aos intereses xeráis. Ningún dos integrantes da Agrupación Aedru, temos vocación de políticos pero non nos deixan outra opción que presentar unha candidatura independente pro-urbanismo de A Estrada para defender os intereses de todo o pobo estradense tal como viñemos facendo dende que nos constituímos como agrupación. Estamos decididos a presentar a candidatura, no caso de que o Plan sexa aprobado pola Xunta, o cal sería para todos nós unha sorpresa, debido ao coñecimento que temos a estas alturas da gravedade en que se vería o Concello en caso de aprobarse. Non dudamos en comunicar esta gravedade agora, ao igual que xa o fixemos antes, apoiándonos nos diversos informe que falaron dél hasta o momento. En vista de que o grupo de goberno fixo oídos xordos e non quiso escoitar aos afectados tanto do rural como do urbano, non dudando en inventar mentiras para desprestixiarnos, é polo que tomamos esta decisión pois non nos deixaron outra alternativa que intentar entrar no mundo municipal, para que desde dentro podamos facer unha política digna do pobo de A Estrada pois nos sentimos comprometidos coas mais de 3000 persoas que firmaron a petición de modificación do PXOM, e doutras moitas que sabemos próximas ao nosa forma de facer as cousas. Salvo co Plan Xeral non se aprobe, poñemos en
coñecimento de toda a poboación que este é o noso
interés e decisión aos efectos de levar un novo
aire ao mundo municipal, e un novo planeamento urbanístico
que sexa aceptado por todo o pobo de A Estrada e que non xenere conflicto
social, para o cal actuaremos con total claridade, polo que levaríamos
adiante a creación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal,
indo de parroquia en parroquia, de lugar en lugar, para que non sexa un
plan imposto con calzador como o que agora nos intentan impoñer. |
| Pulsar
para subir |
A Estrada, 4 de abril de 2006-Carta de AEDRU dirixida ao Director Xeral de Urbanismo e entregada na Xunta o día 4 de abril de 2006.
| Remitímoslle de novo a petición realizada por AEDRU (Agrupación Estradense para a Defensa do Rural e do Urbano), para una xuntanza co Director Xeral de Urbanismo, dado que a este foi remitida a petición que fixemos ao Sr. Touriño, pois estimamos oportuno facélo debido á data en que estamos, próxima a cumprirse o prazo para a aprobación ou denegación do Plan Xeral de A Estrada, e que inda que somos conscientes da cantidade de traballo existente nesa Consellería, non dudamos en facer de novo esta petición, debido á desconfianza que temos nas actuacións levadas polo Concello ao longo destos 15 anos en torno ao Plan Xeral, así como últimamente, non sólo en cuestións técnicas, senon tamén políticas, e vendo ademáis como a única defensa que o equipo de goberno tivo contra a cidadanía foi a constante mentira ca utilización dos medios de comunicación para espallálas e represaliar a todos aqueles que non estaban dacordo con un PXOM que a todas luces consideramos inxustificable. Desde distintos ámbitos socioeconómicos do Concello de A Estrada estáse a recoñecer dunha forma implícita e tamén dunha forma explícita moitas das deficiencias que contén o documento urbanístico presentado na Xunta. Desde AEDRU, xa o dimos a coñecer ao pobo de A Estrada desde o comenzo da nosa andadura, e como proba da nosa aceptación social, entregamos un escrito no Concello e despois na Xunta con mais de 3000 firmas de apoio. Non entendemos polo tanto a insistencia por parte dalgúns sectores sociáis no seu empeño en aprobar un PXOM que conta cos informes dos técnicos en contra, inda que eso sólo se manifesta ao ver que evitan comentálo o non desminten os seus anteriores informes negativos, así como o de intervención que é claramente negativo, e ao igual que os demáis, comunica que é un PXOM inviable económicamente. A mesma intervención condiciona a emisión de informe positivo mentras non exista valoración xurídica sobre a legalidade dos convenios urbanísticos. Cando se ocultan deliberadamente estos datos e se difunden mentiras contra o que non estamos dacordo co PXOM e porque existen outros intereses, que priman sobre o interés xeral. Creemos que o interés mostrado por mais de 3000 persoas na corrección en amplitude do último documento urbanístico expresa dunha forma moi significativa cal é o sentir xeral do pobo de A Estrada, polo que esta petición dunha xuntanza con nós creemos debe ser tida en conta, e ser atendidos ca maior urxencia posible dado que unha reunión deste tipo non ten porque interrumpir o proceso de análisis do Plan presentado, senon mais ben contribuir a facilitar o traballo que sobre o PXOM de A Estrada ten esa consellería. A Estrada 3 de abril de 2006
|
| Pulsar
para subir |
A Estrada, 3 de abril de 2006
Dirigido al Presidente y vocales de la Xunta de Goberno da Asociación de empresarios de A Estrada.
| Muy señores
nuestros:
En nombre de Aedru desearíamos que tuviesen en consideración lo que a continuación le manifestamos: Es corriente que aparezca en prensa cierta indefinición de esa asociación en cuanto al valor del acual Plan Xeral que se ecuentra en trámite de aprobacion, y de esa indefinicion se deduce de que sería conveniente una mayor profundizacion en la información de los aspectos que un Plan Xeral puede vincular con el sector o sectores que ustedes representan y defienden Por lo tanto desearíamos encarecidamente que ustedes fijasen un día para aportarles mayor información, si cabe, de las relaciones entre economía y urbanismo, para lo cual dispondríamos de un técnico especialista que llevaríamos al acto y al que podrían ustedes solicitar aclaraciones sobre estos contenidos diversos y complejos que hay entre el ambito urbanístico y el empresarial. Aedru nunca ha estado en contra de los empresarios, pues muchos de nosotros formamos también parte del tejido empresarial. Todo aquello que se haya deducido en este aspecto por prensa o por medios de comunicación o por dichos directos, es totalmente falso. Aedru, es una agrupación estradense y como tal no quiere otra cosa que el bien para la Estrada y su comarca, y especialmente para el sector mas dinámico, que es precisamente el que ustedes representan. Por ello creemos que es muy importante que se realice esta reunión monográfica para lo cual apelamos a su oferta en tiempo, hora y lugar, y haga extensiva esta pettición a todos los miembros de la asociación y si usteden lo creen conveniente abierta a quien ustedes consideren oportuno.
A Estrada, 3 de abril de 2006. |
| Pulsar
para subir |
NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org-.(Asociación para a Defensa do Rural e Urbano)- 25 de marzo de 2006
Contestación ás afirmacións do Alcalde de A Estrada, publicadas o día 25 de marzo de 2006.

|
Cando non se teñen argumentos, o mellor é manipular a información, enganar con mentiras, e amenazar públicamente aos quen non aplauden as súas actuacións. Está é a táctica constante do equipo de goberno cando ten que defender un PXOM inxustificable. Está claro que a súa única defensa é a mentira e a manipulación da información, para terxiversar constantemente a realidade, e proba delo é que están a decir que sin PXOM non se pode edificar ou ampliar o polígono industrial de Toedo, e nos nos preguntamos que pasará si non se aproba o PXOM, que é o mais probable. A resposta é que hai que levantar licencias e se podrá construir de novo así como as zonas industriáis seguirán co seus desenrolos, tal como acontece nos concellos que están na mesma situación que nos, como son o de Boqueixón, Tui, ou Sada, por exemplo. Asimesmo AEDRU comunica que ningún dos seus membros está a recoller firmas nin no rural nin en ningún lugar para o que manifesta o Alcalde:"orientada a apoyar un escrito que se remitiría a las entidades en las que trabajan algunos ediles" ou ben como dí: "andan recollendo firmas contra concelleiros desta casa, funcionarios de certas entidades, para decirlles ás direccións que se portan mal". As únicas firmas que se recolleron foron para que se modificase o PXOM, e decir que se recolleron mais de 3000 firmas, o cal parece malestar moito ao equipo de goberno. No diario de onte, o alcalde quiso aclarar que no se interpuso ningunha multa ás persoas que naquel instante se atopaban frente ao concello; sólo faltaría que agora si os cidadáns afectados por un PXOM, non poden diante do Concello expresar a súa disconformidade sin ser multados, menuda democracia defende este alcalde. ¡Non faltaría mais!. Presumir deso non é presumir de nada. Deberían encargarse do que non fixeron ata o de agora, que foi facer as cousas ben, arreglar as depuradoras para que o concello non cheire mal, e haber traballado por un PXOM que poidese ser aprobado, xa despois de 14 anos de mandato, e non éste no que non somentes están en contra os veciños, senon que tamén foi votado en contra polos grupos da oposición BNG e mais o, PsdeG-PSOE, chegando a decir este último grupo que o u urbanismo en mans do PP é unha bomba. As últimas declaracións de onte nos medios de comunicación solo confirman o afán do grupo de goberno por represaliar aos veciños que non están dacordo co PXOM, e non son máis que unha forma de facer amenazas publicamente, polo que convidamos a todos os estradenses a que non se deixen manipular polo alcalde. Este novo acoso do alcalde , é falso pois non pode demostrar que tales feitos ocurran ao menos das mans de AEDRU, mentras que nós, parte dos afectados polo PXOM, si que estivemos acosados por actuacións do alcalde e o podemos probar. Xa está ben, de tanta manipulación, que o único que fai e denigrar a quen tales maniobras comete, porque este señor se está destapando como un mal alcalde que vai deixando un regueiro de historia negra e mostrándonos que A Estrada tivo moi mala sorte co actual rexidor que está a convertirse no faíme reír do pobo estradense, caendo tan baixo. |
| Pulsar
para subir |
NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org-.(Asociación para a Defensa do Rural e Urbano)- 22 de marzo de 2006
O colectivo AEDRU, sentíndose ofendido polas recentes actuacións do actual alcalde de A Estrada Ramón Campos, síntese obrigado a salir ao paso nos medios de comunicación facendo este comunicado:
O alcalde e a persoa menos indicada para denunciar por tonterías a veciños de este pobo que o único que están facendo e defender os seus dereitos que non coinciden cos do señor alcalde. O señor alcalde procesado por presuntos delitos urbanísticos, así como varios membros do seu actual equipo de goberno, non ten mellor cousa que facer que adicarse a represaliar aos veciños que non son da súa corda ao non estar dacordo co Plan Xeral de Ordenación Urbana que o seu equipo de goberno aprobóu en solitario, cos votos en contra do PSdeG-PSOE e mais do BNG. O equipo de goberno está mais preocupado da según eles suposta paralización do tráfico que da paralización a que someteron a Estrada para facer un Pxom á súa medida, co conseguinte perxuizo económico para todo o pobo estradense, pola paralización económico e social que ese parón de licencias conleva. E por elo non duda en represaliar aos veciños que se xuntaron diante do concello en protesta polo PXOM o día 24 de xaneiro, e para elo denuncia a veciños que supostamente pretenderon cortar o tráfico, o que non chegóu a ser máis que unha incidencia que ocupou a Avenida de Benito Vigo menos tempo e con menor retención de tráfico que un semáforo, e que ademáis seguiron en todo momento as órdenes da policía local e da Garda Civil que estaban presentes regulando o tráfico; pero non contento con esto, denuncióu tamén a persoas que non estabán nin tan siquera alí, e a outras que en todo momento estiveron diante do concello simplemente falando entre sí. Este tipo de actuacións sólo demostra o interés do Señor Alcalde e do seu gurpo de goberno en despistar o interés xeral de cara a cuestións das que non debería presumir, pois son o faime reir de todo o pobo estradense, así como unha vergoña para toda Galicia, pois non son dignas nin propias destes tempos. O señor alcalde di que ninguén lle pisa
o rabo, ¿será porque o debe ter?. |
| Pulsar
para subir |
NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org-.(Asociación para a Defensa
do Rural e Urbano)- 11 de marzo de 2006
OS PRESUPOSTOS DE ENTROIDO

2º- AEDRU xa advertíu e de maneira reiterada que o goberno municipal fixo o PXOM á súa medida e que era un PXOM que hipotecaba á A Estrada. AEDRU sempre estivo por un PXOM adecuado á realidade, legal e económicamente viable, e polo interés xeral. Asimesmo dixemos que o equipo de goberno non decía a verdade cando decía que todos os informes eran favorables ao PXOM, cando no informe de Intervención, se condiciona a emisión de informe positivo mentras non exista valoración xurídica sobre a legalidade dos convenios urbanísticos. Tamén dí textualmente: “Lembrar que o recurso a operacións de préstamo para a financiación do déficit que se vai xenerar anualmente suporá (...) o incumprimento na Lei de Estabilidade Orzamentaria.” 3º- O goberno local pretendía subir os impostos no rural, tal como indicaba no mesmo informe, na páxina 8, que comenta que “parecían preveer como recurso financieiro como financiación do PXOM o incremento previsto de Imposto de Ben Inmobles derivados do solo de núcleo rural que xurda da aprobación do novo planeamento” 4º- Tamén nos fartamos de decir que os contenciosos a que vai dar lugar o PXOM hipotecan o futuro de A Estrada e por moitos anos. Para saírse ca súa e tapar as inconsistencias do PXOM sempre estiveron a intentar xudicializar os problemas plantexados polos veciños, o cal levaba inevitablemente a un gasto insostible para o Concello e unha molestia innecesaria para os veciños, e todo por saírse ca súa. para que sexan os estradenses os que teñan que pagar todo este proceso, querendo xustificar a súa actuación a calquer precio.Por outra parte os espacios libres e zonas verdes (1000 000 de metros cadrados) o que é o mesmo que 100 campos de fútbol, o Concello ten que desenrolálas, pagálas ou compensálas, no prazo de 8 anos, pois en caso contrario os veciños van a pedir indemnizacións e xa se están xuntando por si non recapacitan. Sería un miragre que o Concello desenrolase estas zonas en 8 anos, pois é imposible e improbable. Respecto de pagálas o Concello anda mendigando na Xunta porque non ten nin un euro para estos asuntos, pero a Xunta non pode subvencionar estas cousas, bastante teñen co que é deles. “Tomen nota das sentencias acaecidas en Lalín e fagan números”. 5º- Xa dixemos reiteradamente que tanto a interventora, como os técnicos e máis o secretario, confirmaron no seu anterior informe que o Plan era económicamente inviable, pois os valores nos que se basaba non estaban axustados á realidade. ¿Que pasaría si os adecúan á realidade?, ¿Sería entón mais viable?.Un Plan ten que marcarse uns obxetivos e asignar uns recursos para lográlos, e aquí marcáronse uns obxetivos para 150 000 personas . pero sin recursos, e sin esa poboación. 6º- Como xa puxemos de manifesto nas anteriores notas informativas, A.E.D.R.U. entende que a Xunta non vai a aprobar o PXOM de A Estrada, como acaba de facer co do concello de Boqueixon, dado que teñen irregularidades semellantes, como son o sobredimensionamento da edificabilidade, deficiencias na clasificación dos núcleos ruráis e áreas de expansión, convenios ilegáis, etc... 7º- Entendemos que os presupostos do Concello de A Estrada do exercicio 2006, son unha proba da inviabilidade económica do PXOM. Si fixeran un PXOM que se axustara á realidade,
tamén farían uns presupostos reáis e o Concello non
seguiría nunha situación económica moi pre-caria,
pero van a querer botarlle a culpa á Xunta cando lle tumben o PXOM
o que non sería mais que propaganda electoral. |
| Pulsar
para subir |
NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org-.(Asociación para a Defensa
do Rural e Urbano)- 17 de febreiro de 2005.
Aedru entrega un escrito na Xunta de Galicia contra o
PXOM de A Estrada asinado por mais de 3000 persoas.
|
AEDRU, entregóu na Xunta de Galicia un escrito en contra do PXOM do PP, e en defensa dos |